23 de Abril, día do libro

Así celebramos no CPI dos Dices de Rois a festividade do libro coa lectura para os rapaces/ rapazas de primaria por parte das alumnas de secundaria do noso centro .

Publicado en Actividades, Alumnado, Biblioteca, Día do libro | Deixar un comentario

Agasallo para o centro

A escritora Ánxela Loureiro agasallounos co seu libro Camiño perigoso. “A narración mestura acción, drama, amor e toques humorísticos nunha historia que viaxa polo Camiño de Santiago”

Moitas grazas, Ánxela; e moitas grazas tamén a Antón que nolo fixo chegar. Queda na biblioteca!

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER.

Para celebar este día dende a biblio do Porvivo dos Dices,temos o pracer de compartir con vós estas recomendacións literarias.

Libros pasando dende a Schindler galega, a precursora do libro electrónico, as curandeiras, as viaxeiras atlánticas ou a diversidade da beleza femenina no mundo entre outras lecturas.

Disfrutade do día da muller!

Publicado en 8 de Marzo, Actividades, Alumnado, Biblioteca, Novedades | Deixar un comentario

23 de febreiro, día de Rosalía de Castro.

Celebremos xuntos este día con estas lecturas sobre a nosa autora mais recoñecida internacionalmente.

Estas mostras de libros son edicións tanto dende un punto de vista feminista, biográficos, poemas sobre a infancia e a presencia da natureza na súa obra.

Disfrutade das lecturas!!!

https://youtu.be/XmZMWldLk6k?si=GaE9gGidbuQnvHFo

Publicado en Actividades, Alumnado, Biblioteca, Día de Rosalía de Castro, Novedades | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

Recomendacións literarias sobre a paz, a inmigración e a diversidade étnica.Disfrutade da lectura.

Biblio do Porviso, CPI dos Dices Rois.

Publicado en Actividades, Alumnado, Biblioteca, Día da Paz, Novedades | Deixar un comentario

Dende a biblio do porviso queremos aportar o noso gran de area no día da Paz. Coa colaboración dos alumnos e alumnas do centro, elaboramos un póster conmemorativo con centos de corazóns con mensaxes positivas.

” A paz é a súa propia recompensa” Mahatma Gandhi.

Publicado en Actividades, Alumnado, Biblioteca, Día da Paz | Etiquetado | Deixar un comentario

Gañadores do concurso “Relatos de terror”.

Parabéns a todos eles/elas.

Biblio do Porviso. Cpi dos Dices.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

DÍA DAS BIBLIOTECAS.

O 24 de outubro os rapaces e rapazas do Cpi dos Dices celebraron esta xornada cunha búsqueda do tesouro por grupos e superando diferentes probas.

Rematouse a xornada cun teatro lido polo alumnado desta etapa do 1º acto da obra ” El príncipe que todo lo aprendió en los libros”.

Ademais desde a biblio compartiuse co profesorado unha unidade didáctica para seguir traballando a obra.

Publicado en Actividades, Alumnado, Biblioteca | Etiquetado , | Deixar un comentario

24 de outubro, día das Bibliotecas.

Velaiquí as colaboracións dos rapaces e rapazas xunta cas dos profesores respondendo a que libro recomendarías…

No edificio de administración do centro están expostas as portadas feitas polo alumnado.

Gracias por participar e celebrar o día das Bibliotecas.

Publicado en Uncategorized | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Concurso de relatos de terror para primaria e secundaria.

Xa van 10 anos da celabración do concurso de “Relatos de terror ” no CPI dos Dices de Rois.

Este ano contamos tamén coa vosa participación, non o dubidedes!!

Mirade as bases do concurso por cada etapa e a participar!!

Equipo de Coordinación do Porviso.

Publicado en Actividades, Alumnado, Biblioteca, Concurso relatos | Etiquetado , , | Deixar un comentario