2 de abril. Día internacional do libro infantil e xuvenil

O día 2 de abril celebrouse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Engado un pequeno texto para que nos faga reflexionar

Os libros son medios para facer lectura. Son soporte de moitas cousas xa de primeiras… interesantes. Logo estas cousas poden volverse marabillosas ou non tanto, pois iso xa depende de ti lectora ou de ti lector.

Ti farás – debes facer – lectura . Lectura túa. E facela co que che dá o libro. E tamén co que ti deas. Debes ser xeneroso sen calotes, nin trampas.

Pola lectura, ese facer tan enormemente interesante, que lle gusta a bastantes, ti es dono de ti e tamén faste dono do texto. Fabricas á man, en exercício de pensamento, a túa lectura que podes compartir ou non, pero que é a túa e que por iso mesmo ese feito resultante e bonito, LER, debes realizalo con sumo gusto, con alegría, activamente e creativamente, poñendo todo da túa parte, pensándote, léndote, e collendo tamén do que che ofrecen xentes que te aprezan e que queren que a túa lectura sexa de proveito, de bo apaño, viva, activa, creativa, persoal.

Na lectura, no soporte do libro, ti podes bordar teas de primorosas ideas e palabras, de textos con valor inmenso, cos que te vestir e ir de campar bonito pola túa vida e pola que saborexas cos demais.

E por iso diremos que os LIBROS conteñen os desexos dos pobos, das persoas, das lectoras e dos lectores.

Os libros conteñen zumes do crear e do pensar que todos podemos degustar e gustar – LER- a grolos de fantasía e ilusións sempre animados a tope desde quen fomos, somos e queremos ser.

Os libros son un exemplo da riqueza dos pobos, do teu pobo, do noso pobo.

OS LIBROS SON QUEN AXUDAN A QUE OS POBOS REFORCEN A SÚA DIGNIDADE DESDE O SEU IDIOMA, DESDE A SÚA CULTURA, DESDE A FRESCURA DA SÚA IDENTIDADE, DESDE OS SEUS FONDOS DESEXOS DE SENTÍRENSE ACTIVADOS PARA COMPARTIR, PARA CONVIVIR, EN LIBERDADE, CREATIVAMENTE, NA ALEGRÍA DO ORGULLO DE VIVIR.

POLA LECTURA – LENDO A VIVIR CON MIRADAS NOSAS NOS LIBROS DE CULTURA E DE LITERATURA- SENTIMOS TAMÉN POLAS AXUDAS E PISTAS DAS ESCRITORAS E DOS ESCRITORES AS MENSAXES LIMPAS DE TANTOS AMORES NESE TESOURO DE LETRAS E PALABRAS , A LINGUA NOSA, QUE NOS SEDUCE.

david otero- lecto-escritor

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s